Unha visita ao paraxe volcánico do Monte Santa Helena e a historia da súa última erupción
Dentro da nosa viaxe polo estado de Washington dos EEUU, un dos lugares que máis interese tiñamos por coñecer era o famoso Monte Santa Helena (Mount Saint Helens, en inglés). Sabíamos que foi un volcán cunha erupción bastante recente, e da que vira un documental sobre a mesma xa fai uns anos. Ademáis, unha das cousas para nós máis importante, é que tras a súa última erupción, deixouse ao seu redor unha área dunha considerable superficie tal cual despois da explosión, deixando que se rexenerase de forma natural sen apenas intervención humana. Creouse así o Mount Saint Helens National Volcanic Monument.
A ÚLTIMA ERUPCIÓN DO MONTE SANTA HELENA
Poucos días antes da erupción, o Monte Santa Helena xa avisaba do que ía pasar. Varios terremotos de baixa intensidade na zona, así como unha deformación na súa cumbre, facía sospeitar aos expertos de que despois de 100 anos o volcán podía volver a estoupar. E así foi, o 18 de maio de 1980 unha grande explosión deste volcán causou unha das traxedias naturais máis famosa dos Estados Unidos, levándose por diante a vida de 57 persoas, entre eles a do famoso vulcanólogo David A. Johnston, que se atopaba a só 10 km da montaña.
A DESTRUCCIÓN
A diferencia de outros volcáns, e contra todo prognóstico, o Monte Santa Helena explotou de forma lateral, concretamente pola súa cara norte. Esto fixo que fose moito máis destructivo que se estourara en vertical. Polo tanto, arrasou todo o que había na súa ladeira septentrional coa explosión, seguido despois de desprazamentos de barro e cinza, ademáis de riadas causadas ao derretirse a neve acumulada na montaña.
O QUE VEMOS NA ACTUALIDADE
Como comentei anteriormente, as autoridades decidiron deixar o lugar tal cual quedou despois da erupción, deixando ademáis que se rexenerase de forma natural. Así, hoxe en día, se pode apreciar perfectamente os restos proxectados polo volcán na cara norte do mesmo, mesmo se poden apreciar a magnitude da súa onda expansiva na posición dos troncos dos árbores caídos, como quedaron o 18 de maio de 1980.
Tamén vemos a pisada que deixaron o barro e a cinza no enorme val do North Fork Toutle River, que causou unha gran destrucción.
A VISITA NA ACTUALIDADE
Hoxe en día, unha das funcións da figura de protección do Mount Saint Helens National Volcanic Monument é a de ensinar á poboación a natureza volcánica do lugar. Para elo conta con dous centros de interpretación, un deles moi preto do cráter, e que leva o nome de Johnston Ridge Obsevatory, en honor ao vulcanólogo falecido no mesmo momento da explosión. Ate el chégase pola estrada 504, que sae da localidade de Castle Rock, e pola que vamos gozando da paisaxe do val de North Fork Toutle River, ás veces co Monte Santa Helena ao fondo. Todo isto pódese facer perfectamente nunha excursión dun día, suficiente para ver o volcán e os centros de interpretación. Para durmir, non hai moita oferta de aloxamento preto do volcán, e os poucos que hai son ou campings ou sitios caros, pero podemos atopar moteles moi ben de prezo en localidades veciñas como Castle Rock.
Pois isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.
Deja un comentario