Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for 11 de diciembre de 2014

Un Parque Nacional con montañas, glaciares, bosques, costa salvaxe…e vampiros.

La Push

La Push

Non hai dúbida que se de algo pode presumir o Parque Nacional de Olympic é da variadade de ecosistemas: Montañas de xenerosa altitude con neve permanente nos seus cumios, bosque templado do Pacífico con enormes secuoias, e unha costa case sen humanizar con grandes praias solitarias.

Bosque templado na Selva de Hoh

Bosque templado na Selva de Hoh

Nesta nova entrada, convídovos a unha viaxe por este interesante lugar dos Estados Unidos, onde vos falarei dos mellores sitios para gozar do Parque ademáis de consellos úteis, como ónde comer e durmir, e os posibles gastos da viaxe, todo acompañado por fotografías feitas por min como é habitual neste blog.

Glaciares no Parque Nacional

Glaciares no Parque Nacional

O PARQUE NACIONAL

Situado no extremo noroccidental do estado de Washington, no noroeste dos Estados Unidos, o parque é un dos máis coñecidos e visitados deste país. Ocupa unha gran parte da Península de Olympic, especialmente o seu interior, e non alberga apenas poboación dentro dos seus límites. O bosque templado de coníferas, as montañas do interior e a costa do Pacífico son os ecosistemas que podemos visitar no parque.

Bosque templado de coníferas

Bosque templado de coníferas

O BOSQUE TEMPLADO DE CONÍFERAS

Unha das paisaxes do parque, así como da costa norte do pacífico, é a do bosque templado de coníferas. Mais este é un lugar único onde ver este ecosistema tendo en conta o seu grao de conservación. Deste xeito, chegamos a ver impresionantes bosques, con árbores dunha altura enorme, de ate case 100 metros.

Árbores que crecen sobre os troncos na Selva de Hoh

Árbores que crecen sobre os troncos na Selva de Hoh

Un dos mellores sitios para gozar deste bosque é a Selva de Hoh (Hoh Rainforest), onde podemos facer un par de rutas non moi longas por un dos lugares máis espectaculares do parque. No centro de interpretación que hai xusto na entrada, ademais de información sobre o medio natural, proporcionan ao visitante folletos para andar por ditos sendeiros. Se queremos facer rutas máis longas, podemos sacar un permiso alí mesmo.

Cumios de Olympic

Cumios de Olympic

AS MONTAÑAS E GLACIARES

Outra das particularidades do parque é a presenza de altas montañas que albergan glaciares nas súas cotas máis altas, ainda que non son de fácil acceso (se poden ver con máis facilidade no non moi distante Parque Nacional de Monte Rainier).

Animais no Parque

Animais no Parque

Nós, buscando un lugar onde gozar dunha boa panorámica destas montañas, escollimos Hurricane Ridge, saíndo da localidade de Port Angeles, onde hai outro centro de visitantes e unhas vistas formidables aos cumios do parque. Dende aquí tamén se pode facer sendeirismo, tanto pequenas rutas de menos dunha hora como outras de varios días.

La Push

La Push

A COSTA DO PACÍFICO

Unha das cousas que máis me impresionaron do parque foi a costa do Pacífico, na súa parte máis occidental. Sen apenas poboacións (só algunha reserva india) fan desta costa un litoral salvaxe a mar aberto, con longas praias case desertas aos pés dos tupidos bosques.

Paxaros nas praias do Pacífico

Paxaros nas praias do Pacífico

Os troncos varados na praia e aves moi raras parecidos a pelícanos, fan este lugar todavía máis exótico.

TURISTAS, INDIOS….E FRIKIS

Como non hai apenas poboacións dentro do parque (salvo algunhas reservas indias na zona costeira), podíamos pensar que as persoas que nos encontramos nel serían só turistas que buscan o contacto coa natureza, mais non é así.

As Praias do Pacífico

As Praias do Pacífico

Cada vez mais xente ven buscando os lugares a que fai referencia a saga de Crepúsculo da escritora Sthephenie Meyer.

Bus que percorre os lugares de Crepúsculo

Bus que percorre os lugares de Crepúsculo

Risco de vampiros

Risco de vampiros

De feito hai axencias que organizan tours polos sitios emblemáticos desta obra, e tamén podemos ver tendas con todo tipo de souvenirs relacionados, especialmente na localidade de Forks.

Forks

Forks

GUÍA PRÁCTICA

Se tedes en mente visitar este fermoso lugar, aquí vos deixo unha pequena guía práctica para que vos sirva de axuda ao programar a viaxe.

Risco de tsunami

Risco de tsunami

Onde durmir

Dentro do parque hai algún aloxamento, pero soen ser resorts caros ou campings. Se nos desplazamos un pouco, pero sempre preto dos límites do parque, encontramos moteis moi ben de prezo, en localidades como Forks ou Port Angeles. Nós durmimos nestes tres durante a nosa visita.

· Three Rivers Resort en La Push, preto de Fork. Alugamos unha caravana con cociña por 83.3$ (67€) neste cámping bastante preto da costa.

Caravana de aluguer preto de Forks

Caravana de aluguer preto de Forks

· Lake Quinault Inn en Amanda Park. Un motel ao carón da estrada e moi preto dun lugar moi fermoso: O Lago Quinault. 78$ (63€)

· Aircrest Motel: Motel barato na localidade de Port Angeles. 64$ (52€) con almorzo

Hamburguesería en Forks

Hamburguesería en Forks

Onde comer

Nas localidades próximas hai moitísimos restaurantes onde comer a típica comída rápida deste país. Dentro do parque, recomendo levar algo para comer en plena natureza.

Ferri Port Angeles Victoria

Ferri Port Angeles Victoria

Como chegar

Ao estar situado nunha península, podemos chegar todo por estrada dende o sur. Se vimos desde o leste (como foi o noso caso), entramos pola localidade de Port Townsend collendo o ferri desde Coupeville (16.65$ (14€) dúas persoas e coche). Tamén se pode acceder desde Canadá, co ferri que une Port Angeles coa cidade de Victoria. Ésta foi a opción que escollimos para voltar a Canadá despois de visitar o Parque Nacional de Olympic (79.5$ (64€) dúas persoas e coche).

En coche polo Parque

En coche polo Parque

Como moverse

Moverse en transporte público é bastante difícil pola súa escasez, xa que é unha zona con pouca poboación. Así que a mellor forma para descubrir Olympic é sen dúbida alugar un coche. Se buscamos con antelación, non deberíamos encontrar precios moi altos.

Río Quinault

Río Quinault

Exemplo de gastos

A modo de exemplo, e para axudarvos coa planificación da viaxe, poño outros gastos que tivemos durante a visita a este Parque Nacional:

· Hamburguesas con patacas fritidas en Forks: 15,18$ (12.3€)

· Entrada ao Parque Nacional: 15$ (12.1€)

· Dúas cervexas nun bar: 4.8$ (3,8€)

· Dúas cervexas nun supermercado: 3.5$ (2.8€)

· Dous cafés e dous bolos: 8.13$ (6.5€)

La Push

La Push

Pois isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.

Read Full Post »