Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘en galego’ Category

Guía práctica, etapas e gastos para facer o Camiño Primitivo en bici

En bici polo Camiño

En bici polo Camiño

Cal é o Camiño Primitivo?

Como o seu nome indica, parece ser que esta ruta foi a que primeiro utilizaron os peregrinos que se dirixían a Compostela, xa que a capital do Reino na época das primeiras peregrinacións estaba en Oviedo. Na actualidade, este Camiño cruza o Principado de Asturias desde Oviedo, dirixíndose hacia Galiza pola montaña occidental asturiana pasando por localidades como Salas, Tineo, Pola de Allande e Grandas de Salime. Despois entra en Galiza por Fonsagrada, continuando en dirección a Lugo e xuntándose co Camiño Francés na localidade de Melide.

Neste lugar sepáranse o Camiño Primitivo e o do Norte

Neste lugar sepáranse o Camiño Primitivo e o do Norte

Onde comeza o Camiño Primitivo?

O Camiño Primitivo comeza en Oviedo, ainda que moita xente o fai como unha variante polo interior do Camiño do Norte, que vai hacia Compostela pola beira do mar Cantábrico. Polo tanto, no caso de que o peregrino veña facendo o Camiño do Norte desde Irún, verá que pouco despois da localidade asturiana de Villaviciosa o Camiño se divide en dous: Hacia Xixón seguindo pola costa; ou continuar hacia Oviedo polo Camiño Primitivo.

O Camiño Primitivo preto de A Fonsagrada

O Camiño Primitivo preto de A Fonsagrada

Cantos quilómetros ten?

Un total de 320 km se se fai polo trazado orixinal desde Oviedo, aínda que como veremos máis adiante coas etapas, nalgún tramo en bici é aconsellable ir por estrada, facendo algún quilómetro máis.

Tramo entre Lugo e Melide en pleno inverno

Tramo entre Lugo e Melide en pleno inverno

É apto para facelo en bicicleta?

Gran parte do Camiño se pode facer en bici polo trazado orixinal, aínda que nalgunhas zonas da alta montaña asturiana é moi difícil debido ao estado do camiño e a pendiente, en especial se imos con alforxas. Tamén depende moito do mes do ano no que o fagamos, xa que en época de choiva as veces está case impracticable. No apartado das etapas falo de que tramos son aptos ou non e posibles alternativas.

Puerto del Palo

Puerto del Palo

É moi duro para facelo en bici?

Desde logo que este non é un camiño nada fácil para facer en bici. Hai etapas de bastante pendente, que  pode complicarse máis pola climatoloxía da zona, con choivas frecuentes e ate nevadas nas zonas de maior altitude. Tanto este camiño como o do Norte non teñen nada que ver co Camiño Francés, polo que aquí as etapas son bastante máis duras e hai que prever facer bastante menos quilómetros. De todos os xeitos, nada é imposible, sobre todo para ciclistas con algo de fondo e experiencia. Ademáis, sen dúbida algunha as paisaxes compensan o esforzo.

O Camiño con A Fonsagrada ao fondo

O Camiño con A Fonsagrada ao fondo

Canto pode costar?

Eu sempre digo que facer un camiño non é unha forma cara de viaxar, xa que os albergues non son caros e apenas hai que gastar en comer e pouco máis. O precio dun albergue privado anda sobre os 10€ persoa, pero se preferimos durmir en unha habitación privada, non é difícil encontrar sitios por 30 ou 35 € en habitación dobre (un pouco máis se inclúen almorzo). Para comer, hai bastantes sitios onde serven o menú do peregrino, que son moi consistentes e non soen pasar de 10€. A nós, indo dúas persoas e en 6 días, saíunos nun total de uns 435€, durmindo en habitación privada (ao final do post poño o desglose de gastos).

Así levamos as bicis no autobús

Así levamos as bicis no autobús

Como levo a bicicleta ao inicio do Camiño?

Pódese utilizar as empresas de mensaxería, pero nós preferimos levalas no autobús connosco. A empresa de buses ALSA, permite levar as bicicletas cun sobrecoste de 10€ por cada unha delas. Só hai que quitarlle a roda dianteira e tapalas cun plástico (pode ser mesmo con bolsas de lixo, xa que non son moi esixentes nisto).

O Camiño preto de Oviedo

O Camiño preto de Oviedo

Hai moitos peregrinos?

Afortunadamente o Camiño Primitivo aínda non está moi transitado. É decir, neste aspecto non ten nada que ver co Camiño Francés. E se nos referimos ao número de usuarios en bici aínda é moito menor, xa que é bastante duro.

En Lugo

En Lugo

Hai unha boa infraestructura?

Este camiño nunca o fixen en temporada alta, pero o resto do ano dispón dun número de albergues e outros aloxamentos que penso que é suficiente. Se nos referimos a bares e restaurantes, tamén non temos ningún problema, aínda que nas zonas de alta montaña hai distancias máis grandes sen eles.

A cuncha sinala de forma distinta en Galiza e Asturias

A cuncha sinala de forma distinta en Galiza e Asturias

Está ben sinalizado?

Nós non tivemos ningún problema neste camiño no referente á sinalización, polo que non hai máis que seguir as frecuentes frechas e cunchas para chegar a Compostela. O único a ter en conta é que a forma da cuncha é diferente en Asturias que en Galiza. Así, en Asturias, a dirección a seguir a indica o interior da mesma, mentres que en terras galegas é xusto ao contrario.

O Camiño preto de A Fonsagrada

O Camiño preto de A Fonsagrada

ETAPAS

Etapa 1: Villaviciosa – Oviedo: 45.64km

Ainda que para moita xente o Camiño Primitivo comeza en Oviedo, nós tomámolo coma unha prolongación cara o interior do Camiño do Norte, que xa fixemos un tempo antes e podedes ver neste enlace as etapas do mesmo. De feito, pouco despois de Villaviciosa temos unha bifurcación cos seus respectivos moxóns onde podemos escoller de seguir pola costa ou por Oviedo.

Subindo ao Alto de La Campa

Subindo ao Alto de La Campa

Unha vez que tomemos en dirección a Oviedo comezamos a subir o Alto de La Campa, no que nos últimos quilómetros finais deste alto recomendo facelos por estrada, xa que se hai moito barro é unha pista moi difícil para bici con alforxas e é preciso empurrar. Despois do alto o resto da etapa a Oviedo é moi fácil e podemos ir todo o rato polo camiño orixinal.

Etapa Villaviciosa - Oviedo

Etapa Villaviciosa – Oviedo

Etapa Villaviciosa - Oviedo

Etapa Villaviciosa – Oviedo

Etapa 2: Oviedo – Salas: 50,02km

Esta é unha etapa que pasa por paisaxes moi fermosas, e que é posible facer sempre polo camiño orixinal, ainda que as pendentes nalgún punto son bastante fortes, como por exemplo a subida ao Alto do Escamplero e, sobre todo, ao Alto do Fresno; este último tanto na subida como na baixada.

Baixada perigosa nesta etapa

Baixada perigosa nesta etapa

A etapa acaba cunha lixeira subida ate a fermosa e descoñecida vila de Salas.

Etapa Oviedo - Salas

Etapa Oviedo – Salas

Etapa Oviedo - Salas

Etapa Oviedo – Salas

Etapa 3: Salas – Pola de Allande: 61.3km

Nesta etapa as cousas se complican, xa que nos adentramos en zonas de montaña e a altitude e , sobre todo, o estado dos camiños deixan moito que desexar para unha bicis con alforxas. Sen dúbida que as paisaxes polo camiño que utilizan os peregrinos de a pé son ainda mellores, pero se non queremos sufrir sobre a bicicleta penso que é mellor facer esta etapa por estrada.

Por terras de Tineo

Por terras de Tineo

Sairemos de Salas pola N-634 ate La Espina, con apenas tráfico debido a recente apertura dunha autoestrada. Despois continuaremos ate Tineo pola AS-216, con algo máis de tráfico, pero que se reduce considerablemente tras pasar esta localidade. A poucos quilómetros de Tineo desviámonos cara á dereita pola AS-218 que nos leva a carón de dous importantes mosteiros: O de Obona e o de Bárcena.

Pola de Allande

Pola de Allande

A partir de aquí collemos unha estrada case deserta (a AS-219) ate Pola de Allande, subindo xa o noso primeiro porto de montaña deste Camiño, o Alto de Lavadoira.

Etapa Salas - Pola de Allande

Etapa Salas – Pola de Allande

Etapa Salas - Pola de Allande

Etapa Salas – Pola de Allande

Etapa 4: Pola de Allande – A Fonsagrada: 73.3km

Nesta etapa nos adentramos na alta montaña asturiana, polo que teremos aínda máis dificultades orográficas e de infraestructuras que a anterior, así que recomendo facer este tramo case sempre por estrada alternativa. Empezamos saindo de Pola de Allande subindo os case 10km do Puerto del Palo pola estrada AS-14, que non é que sexan excepcionalmente duros pola pendente pero un pouco si pola lonxitude.

Baixando Puerto del Palo

Baixando Puerto del Palo

Despois temos unha longa baixada, con fermosísimas vistas da montaña asturiana, que remata na Presa de Salime.

Presa de Salime

Presa de Salime

Desde a presa temos unha longa subida de case 800 metros de desnivel ate o Alto do Acevo, con algunhas pendientes considerables, sobre todo ao principio (ate a localidade de Grandas de Salime) e ao final. Pouco despois de cruzar o Alto do Acevo entramos en Galiza, onde a partir de aquí xa recomendo seguir o camiño orixinal ate A Fonsagrada.

Etapa Pola de Allande - A Fonsagrada

Etapa Pola de Allande – A Fonsagrada

Etapa Pola de Allande - A Fonsagrada

Etapa Pola de Allande – A Fonsagrada

Etapa 5: A Fonsagrada – Lugo: 60.6km

Nós esta etapa xa a fixemos varias veces, e sempre polo camiño orixinal mesmo no inverno, para gozar aínda máis das impresionantes paisaxes. De todos os xeitos, hai algún tramo onde pode ser boa opción ir por estrada no caso de ir moi cansos ou estar o camiño en mal estado, por exemplo entre Paradavella e A Lastra.

Antigo hospital de pereginos preto de A Fonsagrada

Antigo hospital de pereginos preto de A Fonsagrada

Unha vez que pasamos o Alto da Fontaneira o camiño vólvese moi fácil, e a partires de Castroverde pódese considerar case chan en comparación coas etapas anteriores.

Etapa A Fonsagrada - Lugo

Etapa A Fonsagrada – Lugo

Etapa A Fonsagrada - Lugo

Etapa A Fonsagrada – Lugo

Etapa 6: Lugo – Compostela: 103.62km

Esta é unha etapa bastante longa, e que pode ser difícil facela nun día para moita xente, polo que unha boa opción tamén sería acortala ate Melide ou Arzúa para chegar máis descansado a Compostela o día seguinte. Non é unha etapa moi dura, sobre todo se a comparamos coas anteriores, aínda que si se pode considerar un pouco rompepernas debido aos seus frecuentes “repechos”.

Pola Serra do Careón

Pola Serra do Careón

Ate Melide (50 km aprox.) o único alto a resaltar é a subida á Serra do Careón, que non ten unha dificultade excesiva. Despois de Melide o Camiño Primitivo únese ao Camiño Francés, con todas as vantaxes que ten ( mellor infraestructura, mais servizos,…) e inconvintes (moitísima xente, paisaxe máis humanizado,…).

Chegando á Praza do Obradoiro en Compostela

Chegando á Praza do Obradoiro en Compostela

Chegamos a Compostela despois dunha baixada e entramos na cidade polo Barrio de San Pedro para acabar despois na impoñente Praza do Obradoiro. Recomendo descansar despois en Compostela polo menos un par de días, xa que é unha cidade que ben o merece, como conto neste post. E se aínda nos sobran forzas (e tempo) sería moi boa idea continuar ate Fisterra (neste enlace podedes ver a ruta en bici ate alí), para finalizar a nosa viaxe cunhas impresionantes vistas ao mar.

Etapa Lugo - Compostela

Etapa Lugo – Compostela

Etapa Lugo - Compostela

Etapa Lugo – Compostela

DESGLOSE DE GASTOS (para dúas persoas)

Como é habitual neste blog, poño aquí os gastos que fixemos na viaxe para que vos sexa útil ao facer o voso propio presuposto, ainda que lle tedes que sumar o coste de durmir nos dous días finais (en Lugo e Compostela), que nos non tivemos que pagar por ter aloxamento familiar. Tende en conta que tamén podedes aforrar un pouco máis se decides durmir de albergue e buscades sitios onde cear máis económicos.

O Camiño preto de Oviedo

O Camiño preto de Oviedo

· Día 1: Villaviciosa – Oviedo

  • Bus: tícket 2 persoas de Lugo a Villaviciosa con bicis: 80.48€
  • Almorzo: 4.6€
  • Cea: (Tierra Astur, Oviedo): 34.41€
  • Supermercado: 11€
  • Hotel Longoria, Oviedo: 41.90€ con almorzo

· Día 2: Oviedo – Salas

  • Comida (Sidrería Feudo Real, Grado): 13.5€
  • Supermercado: 2.65€
  • Cea (Casa Pachón, Salas): 20€
  • Hotel Soto, Salas: 30€
A Catedral de Oviedo

A Catedral de Oviedo

· Día 3: Salas – Pola de Allande

  • Almorzo: 9.4€
  • Supermercado: 8.03€
  • Cea: (Nueva Allandesa, Pola de Allande): 30€
  • Hotel Nueva Allandesa, Pola de Allande: 45€ con almorzo

· Día 4: Pola de Allande – A Fonsagrada

  • Supermercado: 10.14€
  • Cea (Restaurante Cantábrico, A Fonsagrada): 25€
  • Hostal Cantábrico, A Fonsagrada: 35€
Alto do Acevo, A Fonsagrada

Alto do Acevo, A Fonsagrada

· Día 5: A Fonsagrada – Lugo

  • Almorzo: 10€
  • Supermercado: 10.22€

· Día 6: Lugo – Compostela

  • Almorzo: 5.6€
  • Supermercado: 7.3€

Total gastos: 434,23€ (217.12€ persoa) en 6 días.

O Camiño Primitivo preto de Lugo

O Camiño Primitivo preto de Lugo

Pois isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tendes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir algunha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.

Read Full Post »

ÍNDICE

Benvido ao blog Cabo Norte!

Aquí podes ver todas as entradas publicadas neste blog en galego. 

(se prefires velas en castelán pincha aquí)

Noruega, julio 2009

En coche por Noruega

VIAXES POR EUROPA EN COCHE

· Guía práctica para viaxar por Europa en coche: 20 cousas que debes saber para percorrer Europa en coche

· Viaxe ao Cabo Norte: Diario da viaxe en coche desde Galiza ao Cabo Norte

· Como viaxar en coche por Francia por poucos cartos

·  Viaxe a Escocia e Irlanda en coche: Diario de viaxe desde Galiza a Escocia e Irlanda

· Unha volta por Europa en coche…e un pouco en bici: Unha viaxe por Europa en coche e con bicis

· Desde Galiza a Noruega e Eslovenia: Desde as rías galegas aos fiordos noruegos pasando polo sur de Europa

· Conducir polo Reino Unido e Irlanda

 

O Transcanadiense

O Transcanadiense

VIAXES EN TREN

· Guía práctica do Interrail. 20 cousas que debes saber antes de percorrer Europa en tren

· O Transcanadiense: Cruzar Canadá en tren

· Diario da viaxe do Interrail: Unha volta por Europa en tren

 

A Terra Chá

Camiño de Santiago

CAMIÑOS DE SANTIAGO

· O Camiño do Norte en bici: De Irún a Compostela polo Camiño do Norte

· De O Cebreiro a Compostela en bici polo Camiño de Santiago

· De Compostela a Fisterra en bici polo Camiño Xacobeo

· Que ver e facer en Compostela

 

Paisaxe a través da Estrada dos Glaciares

Canadá

CANADÁ E ESTADOS UNIDOS

· Diario da viaxe por Canadá e Estado de Washington dos EEUU

· Guía práctica para viaxar por Canadá e o Estado de Washington

· Toronto e as Cataratas do Niágara

· O Transcanadiense: Cruzar Canadá en tren

· Visitando as Montañas Rochosas de Canadá

· O Parque Nacional de Olympic dos EEUU

· O volcán Monte Santa Helena dos EEUU

· O Parque Nacional de Monte Rainier dos EEUU

· Vancouver e Illa Vancouver, Canadá

Le Mont Saint Michel. Xullo de 2010

Le Mont Saint Michel

FRANCIA

· Guía de viaxe pola Bretaña francesa

· Como viaxar en coche por Francia por poucos cartos

· Iparralde: As provincias vascas do norte

· Sureste de Francia e Mónaco

 

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Unha pinta nun pub

REINO UNIDO E IRLANDA

· O mellor de Irlanda: 10 imprescindibles de este país

· Guía práctica para viaxar ao Reino Unido e Irlanda

· Diario da viaxe desde Galiza a Escocia e Irlanda en coche

· Consellos para conducir polo Reino Unido e Irlanda

· Os pubs de Irlanda

 

Porto e a súa Ponte de Luiz I dende Vila Nova de Gaia

Porto

PORTUGAL

· “Viagem a Portugal” Porto e Barcelos

· Unha parada nos Azores: A Illa de San Miguel

· Lisboa e costa de Estremadura

The Branderburg Gate

Berlín

OUTRAS VIAXES

· Que ver e facer en Roma

· Que ver e facer en Berlín

· Meus lugares favoritos do nordés catalán

· Fin de semana na Selva de Irati

· O paraíso danés: a Illa de Mon

· Amsterdam en imaxes

· Praga en imaxes

· Unha volta polo Concello de A Estrada

 

…e proximamente máis viaxes!

Read Full Post »

Consellos para a túa viaxe polo Reino Unido e Irlanda

Stonehenge, Inglaterra

Stonehenge, Inglaterra

Logo de varias entradas sobre Reino Unido e Irlanda, comparto convosco esta guía práctica para que vos sirva de axuda na vosa viaxe a estes lugares. Espero que vos guste e vos sexa útil!

A autoestrada M6 preto de Manchester

A autoestrada M6 preto de Manchester

Como chegar:
Reino Unido e Irlanda están moi ben comunicados por vía aérea coa Península, e dependendo do destino e a saída, o voo pode durar menos de dúas horas. Outra opción é ir por terra en tren (vía Francia polo Eurotunel) ou estrada, este caso só recomendable se se van estar moitos días de viaxe nestes países. Neste caso pódese acceder tamén polo Eurotunel vía Francia ou collendo un ferry desde Santander ou Bilbao.

Paisaxe irlandés

Paisaxe irlandés

Documentación:
Tanto Reino Unido como Irlanda pertencen á Unión Europea, polo que o único requisito de entrada nestes países para cidadáns da UE é que leven o seu DNI. De todos os xeitos, non está de máis levar o pasaporte.

Estrada secundaria en Irlanda

Estrada secundaria en Irlanda

Fronteiras:
Nalgúns sitios son prácticamente inexistentes, por exemplo entre Irlanda e o Reino Unido. O único que poden controlar nalgunhas delas é que non nos pasemos da cantidade de alcohol ou tabaco permitido.

Conducindo pola esquerda

Conducindo pola esquerda

Como desprazarse:
O transporte público funciona bastante ben nestes países, aínda que para viaxar fóra das cidades con total liberdade, eu aconsello o vehículo propio ou de aluguer. Nesta entrada comento como é conducir por Reino Unido e Irlanda.

Sinal que nos avisa de posibles roubos nun aparcamento en Irlanda

Sinal que nos avisa de posibles roubos nun aparcamento en Irlanda

Seguridade persoal:
Estes países son moi seguros, así que a única norma de seguridade a seguir é a do sentido común: non deixar diñeiro nin obxectos de valor á vista no coche, vixiar a carteira e mochila en aglomeraciones, etcétera…

Edimburgo, Escocia

Edimburgo, Escocia

Urxencias sanitarias:
Para axilizar os trámites en caso dunha urxencia sanitaria nestes países, recoméndase levar a Tarxeta Sanitaria Europea, que calquera beneficiario da seguridade social pódea pedir gratuitamente nas súas oficinas.
Recomendo levar tamén un botiquín con certos medicamentos de uso corrente para a diarrea, estreñemento, paracetamol, alcohol, auga oxigenada,…

Sinal en gaélico

Sinal en gaélico

Comunicacións:
A cobertura de móbiles é moi ampla nestes países. Nós adoitamos levar dous móbiles, un de contrato e outro de tarxeta e de dúas compañías distintas, que sempre funcionaron sen problemas. Iso si, recomendo desconectar os datos de internet do móbil nada máis chegar e utilizar as wifi, xa que estas tarifas son moi altas. É fácil atopar redes wifi polo camiño nos aloxamentos, cafeterías, bares, bibliotecas públicas, oficinas de turismo,…

Calzada do Xigante

Calzada do Xigante

Información turística:
En moitas localidades que visitamos contan con oficinas de turismo onde proporcionan información turística gratuitamente. Nós informámonos antes da viaxe de moitos dos lugares turísticos por medio de guías de viaxe e internet. Ademais, levabamos connosco varias guías de países, algunhas nosas e a maioría prestadas gratuitamente por bibliotecas públicas.

O Río Liffey en Dublín

O Río Liffey en Dublín

Diñeiro:
Convén levar diñeiro en metálico e en tarxeta. O diñeiro en metálico non se debe gardar todo xunto, senón en lugares separados, para evitar roubos e perdas. En Irlanda utilizan o euro, pero non no Reino Unido. Nós levabamos algunhas libras en metálico que cambiamos antes de saír de viaxe. Tamén sacamos algunhas máis nun cajero automático que nos deu problemas, como conto neste diario de viaxe. Segundo me comentaron, hai algúns lugares en Inglaterra ou no Ulster onde non aceptan libras escocesas e viceversa, aínda que nós non tivemos problemas neste sentido.

Cobh

Cobh

Débese levar ademais varias tarxetas, mellor as de crédito que as de débito, xa que estas últimas non as aceptan nalgúns lugares (peajes de Francia ou na compañía de ferries Brittany Ferries, por exemplo). Visa ou Mastercard como tarxetas de crédito e Visa Electron e Maestro como de débito son das máis frecuentes.

Illa de Skye, Escocia

Illa de Skye, Escocia

Horarios:
Hai que ter en conta que os establecementos destes países sempre pechan antes que aquí, polo que moitas tendas sobre as 5 e media da tarde xa están pechadas. Excepcionalmente, en Irlanda vin supermercados abertos ata case as 10 da noite, ata en domingo. Os restaurantes e bares igual, polo que convén adiantar a hora da comida e da cea. Isto tamén é importante á hora de buscar aloxamento, especialmente en localidades pequenas.

Hai que destacar que tanto no Reino Unido como Irlanda débese atrasar unha hora o reloxo.

Interior dun bed and breakfast

Interior dun bed and breakfast

Onde durmir:
Nestes países hai moitas posibilidades de aloxamento en cantidade e calidade, desde luxosos hoteis ata campings e albergues. No Reino Unido e Irlanda é moi común aloxarse en casas particulares onde che alugan unha habitación e inclúen o almorzo do día seguinte, coñecido co nome de Bed and Breakfast (B&B). Hai moitísimos e en case todas as localidades. Adoitan estar sinalizados na estrada (moitos ata poñen nun cartel si teñen habitacións libres, vacancies, ou está completo, non vacancies), aínda que tamén se poden localizar nas oficinas de turismo, en internet, etc… Pódense atopar caras e baratas, aínda que o prezo medio rolda as 60-65 libras no Reino Unido e os 60-65 euros en Irlanda.

Almorzo nun bed and breakfast

Almorzo nun bed and breakfast

Os almorzos adoitan ser moi completos, podendo elixir en case todos entre o almorzo típico das illas (ovos, touciño, fabas, salchichas, tomate, …) ou o continental. Pero o mellor deste tipo de aloxamento é, sen dúbida, o trato familiar.

Encendido da ducha

Encendido da ducha

É de destacar que nos cuartos de baño das habitacións onde durmimos nas illas teñen un sistema nas duchas un pouco estraño para nós, xa que se manexa cunha especie de interruptor onde tamén se regula a temperatura, posto en marcha previamente con outro interruptor que polo xeral está no teito e ten forma de cordel. Doutra banda, precísase un tempo para afacerse ao funcionamento das cisternas.

Mandos de control da ducha

Mandos de control da ducha

Aparte do B&B, tamén se pode durmir en hoteis, hostels, albergues ou campings, aínda que este último non o recomendo xa que nestas illas chove bastante, e pola noite adoita facer bastante frío. Por esta razón nós só acampamos unha noite.

Enchufe do Reino Unido e Irlanda

Enchufe do Reino Unido e Irlanda

Non se debe esquecer ao entrar nas illas un adaptador de enchufes, xa que alí utilízanse de tres clavixas planas.

Nalgúns pubs dan tamén comidas

Nalgúns pubs dan tamén comidas

Onde comer:
Non son moi fan da comida destes países tanto pola súa calidade como polo seu prezo, polo que se é posible recomendo buscar un aloxamento con cociña. Nas localidades máis grandes sempre se pode atopar algún restaurante con comida de mellor calidade. Se de todos os xeitos se decide comer ou cear como a maior parte dos nativos, acudiremos a un pub ou a diversos locais de comida rápida para tomar fish and chips, pizzas, e todo tipo de fritangas.

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Onde beber:
Sempre recomendo ir aos bares para relacionarse coa xente local. Tanto no Reino Unido como en Irlanda hai moitos e adoitan ter sobre todo cervexas de boa calidade. En Irlanda, os pubs son un mundo aparte, que ademais dun ambiente estupendo, contan con música en directo en moitos deles. Nesta entrada conto moitas cousas útiles sobre os pubs irlandeses.

Costa do Suroeste de Irlanda

Costa do Suroeste de Irlanda

Espero que todos estes consellos vos sirvan de axuda para viaxar por estes países. E xa sabedes que, como é habitual neste blog, se queredes engadir algún consello máis, tedes algunha dúbida, ou simplemente queredes compartir algunha experiencia vosa, non dubidedes en poñer un comentario.

 

Entradas relacionadas:

Viaxe a Escocia e Irlanda en coche

O mellor de Irlanda

Os pubs de Irlanda

Conducir no Reino Unido e Irlanda

Read Full Post »

Cousas que debes saber para conducir polos países onde se circula esquerda

coche_irl_neve

Tanto no Reino Unido como en Irlanda, do mesmo xeito que noutros países non Europeos como India, Xapón ou Australia, conducen polo lado contrario ao noso. Isto fai que os desprazamentos por eses lugares sexan un pouco máis complicados do habitual, polo que me decidín a compartir aquí unha serie de consellos útiles que estou seguro que vos facilitarán a vosa visita por estes lugares.

En Escocia co meu coche

En Escocia co meu coche

É mellor ir no noso vehículo ou alugar en destino?
A resposta a esta pregunta dependerá sobre todo da distancia desde o noso lugar de orixe e do tempo que esteamos alí. En función destas variables non hai máis que facer contas e listo. Na nosa primeira visita a estas illas estivemos un mes, polo que levamos o noso coche particular, pero na última delas só permanecemos alí 10 días, polo que nos decidimos a alugar.

Abrindo a esclusa dun canal en Escocia

Abríndose a esclusa dun canal en Escocia

Doutra banda, moita xente pregúntame si é máis difícil adaptarse á condución pola esquerda co noso vehículo con volante á esquerda ou cun alugado alí con el á dereita. Personalmente eu adapteime moito mellor cando levei o meu coche, xa que aínda que era un pouco máis difícil nas manobras de adelantamento e nas rotondas, compensaba no aparcamento e ao cambiar de marcha (isto último soluciónase bastante alugando coche con cambio automático).

Coche de tres rodas de fabricación inglesa

Coche de tres rodas de fabricación inglesa

Que debemos levar no noso vehículo?
Para rodar polas estradas destes países débese levar o permiso de circulación do vehículo, o recibo do seguro e recoméndase tamén a carta verde do seguro. Non está de máis pedir na compañía de seguros un parte europeo de accidente. Si o vehículo non leva distintivo do estado na placa de matrícula, débese colocar unha pegatina identificativa.

Pegatina que nos lembra conducir pola esquerda nun coche de aluguer

Pegatina que nos lembra conducir pola esquerda nun coche de aluguer

Tendo en conta que as luces do vehículo do continente non están adaptadas para circular pola esquerda, recoméndase pegar unha pegatina nos faros para que non ceguen aos que nos cruzamos en sentido contrario. Eu compreinas nunha tenda do ferry que nos levou a Portsmouth.

Pegatina nos faros para adaptalos á circulación pola esquerda

Pegatina nos faros para adaptalos á circulación pola esquerda

Si o coche é de aluguer non nos temos que preocupar por nada do anterior, e o único que debemos levar é o contrato que fixemos na compañía, aparte dos demais papeis que sempre van no vehículo.

Polas montañas de Wicklow en Irlanda

Polas montañas de Wicklow en Irlanda

As distancias e velocidades

No Reino Unido, tanto as distancias como os límites de velocidade mídense en millas e millas por hora respectivamente, cousa á que si me custou adaptarme. No caso dos límites de velocidade levaba pegada unha nota no salpicadeiro cos límites máis comúns de millas por hora pasados a quilómetros por hora. Adoitan ser de 30mph (48km/h) en cidade, 60mph (96km/h) en estrada e 70mph (112km/h) en autopista. Nun coche de aluguer, as escalas do velocímetro e cuentakilómetros xa veñen en millas no Reino Unido.

Recordatorio da equivalencia en km/h no salpicadeiro

Recordatorio da equivalencia en km/h no salpicadeiro

Polo contrario en Irlanda, os límites de velocidade veñen en quilómetros por hora, polo que é máis fácil adaptarse.

A autoestrada M6 preto de Manchester

A autoestrada M6 preto de Manchester

As estradas

O estado das estradas principais no Reino Unido e Irlanda é bastante bo, aínda que non se pode dicir o mesmo das menos transitadas, como as do norte de Escocia ou moitas de Irlanda. Algunhas destas son moi estreitas e nalgúns lugares do norte escocés cheas de passing place, que son pequenos ensanches onde esperar a que pase o vehículo co que nos cruzamos nas estradas onde non collen os dous á vez. Circular moitos quilómetros por este tipo de estrada pode ser desquiciante. En Irlanda o estado dalgunhas estradas é bastante malo, especialmente nas zonas máis afastadas.

Passing place en Escocia

Passing place en Escocia

A sinalización

As estradas adoitan estar bastante ben sinalizadas, aínda que hai que recordar que están en millas. Só pode haber problemas coa sinalización nalgunha zona remota de Irlanda pero pouco máis. Neste país, é frecuente que algúns sinais e nomes dalgunhas poboacións veñan en gaélico. De todos os xeitos é recomendable levar GPS ou algunha aplicación no móbil con navegación offline.

Buscando onde aparcar

Buscando onde aparcar

Aparcamento
Para aparcar nas cidades hai dúas opcións: Ou buscar un aparcamento subterráneo (máis cómodo, seguro e caro), ou buscar unha zona de aparcamento público na rúa. Neste último caso, buscar onde aparcar adoita ser difícil, perdendo ás veces moito tempo en buscar un sitio libre. Fai falta, ademais, levar diñeiro solto para os parquímetros, e controlar o seu límite de tempo.

Sinal que nos avisa de posibles roubos nun aparcamento en Irlanda

Sinal que nos avisa de posibles roubos nun aparcamento en Irlanda

Peaxes
En Reino Unido non hai peaxes en autopistas, salvo nalgunha ponte de importancia. En Irlanda si hai autopistas de pago, que poden ser das de cabina de sempre, ou que se paguen por teléfono ou a través dunha web. A circunvalación de Dublín M50 é deste tipo.

Sinal no Reino Unido

Sinal no Reino Unido

Combustible
Respecto ao combustible pódese atopar en todos estes países gasolina sen chumbo e gasóleo en todos eles sen problemas, iso si, máis caros. En ningunha das gasolineras onde enchemos tiña servizo atendido, como é común nestes países.

Estrada secundaria en Irlanda

Estrada secundaria en Irlanda

Climatoloxía
Nós visitamos estes países en agosto e en pleno mes de decembro, e no primeiro caso podo dicir que prácticamente choveu todos os días da nosa viaxe, así que se deben levar os pneumáticos en bo estado e manter a distancia de seguridade. No inverno, son países onde non é raro que neve ou que sufran fortes xeadas, polo que debemos ir ben preparados e conducir con moita precaución.

Co meu coche en Irlanda

Co meu coche en Irlanda

Espero que todos estes consellos sírvanvos de axuda para desprazarvos polas estradas de estes países. E xa sabedes que, como é habitual neste blog, se queredes engadir algún consello máis, tendes algunha dúbida, ou simplemente queredes compartir algunha experiencia vosa, non dubidedes en poñer un comentario.

Entradas relacionadas:

Viaxe a Escocia e Irlanda en coche

O mellor de Irlanda

Guía práctica para viaxar polo Reino Unido e Irlanda

20 cousas que debes saber para viaxar por Europa en coche

Read Full Post »

Cousas que debes saber cando entres nun pub en Irlanda

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Por que hai que ir aos pubs en Irlanda?

Os pubs son visita obrigada cando se viaxa a este país, ao ser o lugar onde están gran parte dos irlandeses, de todas as idades, no seu tempo libre. Sen dúbida son o sitio ideal para tomar contacto coa xente local e de coñecer a súa forma de vida, polo que non tería sentido unha viaxe a Irlanda se non entramos nun pub.

Pub nunha pequena localidade irlandesa

Pub nunha pequena localidade irlandesa

Cales son os mellores?

Mellor buscar pubs sen turistas. Se estamos en Dublín, eu recomendo fuxir dos grandes pubs da zona do Temple Bar, no centro da cidade, que aparte de ser máis caros, hai máis xente de outros países que irlandeses. Por esta razón, tanto en Dublín como en outras localidades turísticas, o mellor é distanciarse un pouco do centro e buscar locais máis auténticos.

Pub The Temple Bar, Dublín

Pub The Temple Bar, Dublín

Personalmente, eu gosto moito dos pubs das localidades máis pequenas do país, onde se coñece todo o mundo e un foráneo non pasa en absoluto desapercibido. Nestes casos, coa axuda dunhas pintas e un pouco de habilidade social, é probable que en pouco tempo estemos falando coa xente, e mesmo non sería raro que nos convidasen a unha ronda.

Alcohol de distintas graduacións nun pub

Alcohol de distintas graduacións nun pub

Que se pode tomar?

Ainda que tamén é habitual a venta de bebidas alcohólicas de elevada graduación como o whisky, o máis común é tomar cervexas. Hai cervexas de varias marcas e tipos, e case todas se poden tomar de presión. Poden ser rubias (blonde) ou negras, onde a máis coñecida é sen dúbida a Guinness, moi demandada pola sociedade irlandesa.

O que custan un par de pintas no Temple Bar

O que custan un par de pintas no Temple Bar

Canto costa unha pinta de Guinness?

Unha pinta (aproximadamente 600ml) de Guinness soe andar en torno aos 4 euros nun pub non turístico e subir ate case os 6 euros nun local como o mítico Temple Bar. O resto das cervexas de presión soen ter un prezo similar. As bebidas alcohólicas de maior graduación son ainda máis caras, e a cantidade que botan nestes lugares nunha copa é ridícula se as comparamos coas de aquí. Por certo, é habitual pagar ao pedir a consumición.

Música en directo nun pub

Música en directo nun pub

Hai sempre música en directo?

É moi común escoitar nos pubs irlandeses música en directo. Nos pubs turísticos é sen dúbida máis habitual, pero soen ser actuacións bastantes formais. De novo, eu recomendo buscar locais máis auténticos, onde a música en directo a menudo é so en fins de semana e vacacións, pero que nos farán sentir como se estivesemos en familia.

Nalgúns pubs dan tamén comidas

Nalgúns pubs dan tamén comidas

Cal é o horario habitual?

O horario de apertura depende do local, especialmente se dan tamén comidas. O de feche soe ser sobre a medianoite, ainda que nas fins de semana pode prolongarse ate como moito a unha da mañá. Na zona do Temple Bar de Dublín os pubs fechan máis tarde, polo que neste caso soen ser unha boa opción para os que nos gusta alongar a noite.

Unha Guinness nun pub

Unha Guinness nun pub

Espero que esto vos sirva de axuda para visitar os pubs de Irlanda e coñecer a auténtica sociedade irlandesa. E como é habitual neste blog, se queredes engadir algunha recomendación, tendes algunha dúbida ou queredes comentar algunha experiencia vosa, non dubidedes en poñer un comentario.

Entradas relacionadas:

O Mellor de Irlanda: 10 cousas imprescindibles deste país

Guía práctica para viaxar polo Reino Unido e Irlanda

Viaxe a Escocia e Irlanda en coche

Read Full Post »

10 cousas imprescindibles de Irlanda que fan deste país un lugar único

paisaxeIRL

Xa levo tempo con ganas de escribir sobre as miñas viaxes a Irlanda, un país que ofrece moito ao viaxeiro e ao que lle teño un cariño especial. E como non sabía por onde empezar, e están tan de moda as listas, decidinme finalmente por publicar unha lista co que para min (e supoño que para moitos namorados de Irlanda) son as dez cousas imprescindibles desta fermosa illa. Espero que a disfrutedes!

Unha Guinness nun pub

Unha Guinness nun pub

1: Os Pubs e a música

Se vas a Irlanda e non entras nun pub a tomarte unha pinta non viches Irlanda. De feito, considero que os pubs son visita obrigada nunha viaxe por este país, xa que é o lugar onde están gran parte dos irlandeses, de todas as edades, no seu tempo libre.

Música en directo nun pub

Música en directo nun pub

Conversan e pasan as horas tomando pintas nestes lugares que encontras por todos os sitios, desde as cidades ate as aldeas máis pequenas.

Pub The Temple Bar, Dublín

Pub The Temple Bar, Dublín

En moitos deles, é habitual a música en directo, outra das particularidades da sociedade irlandesa, onde raro é a familia que non teña un músico. Sen dúbida visita obrigada, e a ser posible buscar un pub que non frecuenten turistas, moito máis auténtico.

Illa Valentia

Illa Valentia

2: A costa atlántica

Toda a costa da illa é fermosa, pero en especial a da parte máis occidental, en contacto co máis salvaxe Océano Atlántico. Nesta costa podemos ver cantís espectaculares como en Glencolumbkille ou os famosos Cliff of Moher, así como praias case salvaxes sen apenas xente.

Glencolumbkille

Glencolumbkille

Personalmente, a min gustoume moito tamén as penínsulas do suroeste (Dingle, Kerry e Beara), un pouco parecidas as rías galegas.

Costa do Suroeste

Península de Beara

Desde elas, podes acceder a illas próximas, como Dursey ou as coñecidas Skellig, antiguamente habitadas por monxes. Tamén son imprescindibles as paradiñas nos pobos costeiros, para pasear e para tomarse unha pinta nun pub.

Dolmen de Proleek

Dolmen de Proleek

3: Os restos megalíticos e a cultura celta

Podemos ver un gran número de restos megalíticos por todo o país. Dolmens, menhires, petróglifos, ou túmulos tan coñecidos como Hill of Tara ou o famoso Newgrange, este último Patrimonio da Humanidade.

Hill of Tara

Hill of Tara

De feito, un dos mellores lugares onde ver a cultura megalítica é no Newgrange, que forma parte do Conxunto Arqueolóxico do Val do Boyne.

Entrada ao túmulo de Newgrange

Petróglifos á entrada ao túmulo de Newgrange

Coa entrada ao recinto, que inclúe visita guiada, podemos acceder ao interior do túmulo de Newgrange, que está deseñada de tal forma que no solsticio de inverno, o sol ilumina o chan do seu interior durante uns minutos.

Cruz celta en Monasterboice

Cruz celta en Monasterboice

Pero Irlanda é coñecido sobre todo pola súa cultura celta. Porque este país, que non foi colonizado polo Imperio Romano, o cristianismo misturouse fortemente coa cultura celta. E non temos pegadas destes antepasados só na música ou na forma de ser dos seus descendentes, moi común a outras rexións do oeste de Europa, senón tamén en restos arqueolóxicos de gran importancia. Un deles son as famosas Cruces Celtas, que combina os deseños da cultura celta pagana con escenas da biblia. Un dos mellores lugares onde ver as cruces celtas é en Monasterboice, onde temos a maís grande do país.

Torre circular e ruinas do Mosteiro de Kilmacduagh

Torre circular e ruinas do Mosteiro de Kilmacduagh

4: Os recintos monasteriais e torres circulares

Irlanda está cheo de ruinas de antigos recintos monasteriais e torres circulares. Os primeiros son antigos edificios relixiosos, arrasados por ataques dos vikingos e dos ingleses. Os segundos, son torres dunha considerable altura cunha función ainda hoxe non moi coñecida, xa que podería ser utilizada como vixía ou como refuxio da poboación en caso de guerra.

Glendalough

Glendalough

Hai moitos por todo o país, moitos deles están aínda hoxe en día dentro de cementerios en uso. Un dos máis coñecidos é o de Glendalough, que está situado ademáis nunha fermosa zona montañosa (Montañas de Wicklow), ao carón de dous lagos.

O Río Liffey en Dublín

O Río Liffey en Dublín

5: Dublín

Dublín soe ser a porta de entrada da maior parte dos viaxeiros que chegan a Irlanda, e unha boa cidade onde pasar polo menos tres días de visita con calma. De feito, non faltan cousas que facer. Sempre acompañado do tranquilo ritmo de vida dos dublineses, podemos dedicar o tempo a pasear polas orillas do Río Liffey e polos barrios de Temple Bar ou Grafton e O’Connell Street.

O'Connell Street

O’Connell Street

Se o que queremos é facer unha visita cultural, é imprescindible entrar no Trinity College para admirar o Libro de Kells e a impresionante biblioteca (con entrada a metade de prezo na última media hora antes de peche).

Trinity College

Trinity College

Outros lugares de interese son tamén o Concello e o Castelo, onde ao seu redor podemos ver onde se atopaban os restos da antiga cidade vikinga.

Castelo de Dublín

Castelo de Dublín

Ainda que non están no centro da cidade, senón un pouco ás aforas (ainda así, pódese ir andando se nos gusta pasear), outras boas visitas son a fábrica da Guinness (Guinness Storehouse), a antiga destilería Jamerson e a cárcere de Kilmainham.

Catedral de Dublín

Catedral de San Patricio de Dublín

Para acabar o día, xa que estamos en Irlanda, non hai como tomarse unhas pintas. Para elo, recomendo calquera pub lonxe dos turistas. Despois, se queremos prolongar un pouco a noite, na zona do Temple Bar temos moitos locais onde seguir tomando pintas ate ben tarde.

Paisaxe de turbeiras en Wicklow

Paisaxe de turbeiras en Wicklow

6: As turbeiras

A turba é a fonte de enerxía natural de Irlanda. De feito, aínda hoxe se segue utilizando para dar calor nos fogares. Se percorremos o interior do país, podemos ver como se explota este chan en pleno século XXI. E que é a turba? Pois non é mais que chan moi rico en materia orgánica que, unha vez seco, é un excelente combustible. Ademáis, este chan é moi común neste país, xa que a falta de sol e as frecuentes choivas non favorecen en absoluto a descomposición, polo que se vai acumulando abundante materia orgánica.

Aproveitamento de turbeiras

Aproveitamento de turbeiras

Para min, unha das particularidades de Irlanda está no olor da turba cando se queima dentro dos fogares no rural. Sen dúbida un olor ben característico deste país.

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

Tomando unha Guinness nun pub escoitando música en directo

7: A Guinness

A Guinness non é só unha cervexa. É tamén todo un símbolo da cultura irlandesa. En todos os pubs de Irlanda sírvese esta cervexa continuamente, moi demandada polos locais e os turistas.

A auga da Guinness provén das Montañas de Wicklow

A auga da Guinness provén das Montañas de Wicklow

É unha cervexa negra cun sabor moi característico, que ainda que tamén se pode beber en calqueira parte do mundo, hai quen dí que non saben igual que as de Irlanda (e eu concordo con iso).

Tomando unha Guinness no Gravity Bar da Guinness Storehouse de Dublín

Tomando unha Guinness no Gravity Bar da Guinness Storehouse de Dublín

En Dublín podemos visitar a Guinness Storehouse, que é unha especie de museo e centro interpretativo desta cervexa. O prezo da entrada (16€), inclúe tamén unha pequena demostración de cómo catar a cervexa e unha pinta no Gravity Bar da última planta, con vistas á cidade.

Mural no barrio católico de Belfast

Mural no barrio católico de Belfast

8: O Ulster

O Ulster é unha zona da Illa de Irlanda que se encontra baixo administración do Reino Unido. Durante os últimos anos do século XX eran frecuentes os atentados e outras formas de violencia nesta rexión, debido á difícil convivencia dos católicos pro-irlandeses cos protestantes pro-ingleses. Na actualidade a situación é moi tranquila, debido aos procesos de paz dos últimos anos, pero ainda podemos ver pegadas deste conflicto nalgúns lugares.

Barrio protestante en Belfast

Barrio protestante en Belfast

Así por exemplo, en Belfast visitamos o barrio republicano na Falls Road, onde vemos os famosos murais reinvidicativos que fan esquina coa Northumberland Street. A pouca distancia, cruzando a Townsend Street, chegamos ao barrio republicano de Shankill Road, repleto de bandeiras do Reino Unido e diversos murais do bando protestante.

Entrando no Derry libre

Entrando no Derry libre

Outro lugar tristemente famoso por este conflicto é a cidade de Derry. Aquí aconteceu o coñecido Domingo Sanguento o 30 de xaneiro de 1972, onde o exército británico disparou contra manifestantes irlandeses matando a 14 persoas. Na actualidade podemos ver os restos do muro da casa que delimitaba o barrio católico e enormes murais alusivos a ese día nos edificios próximos.

Calzada do Xigante

Calzada do Xigante

Pero non todo é conflicto no Ulster. Tamén se poden visitar auténticas marabillas naturais como a coñecidísima Calzada do Xigante, unha formación xeolóxica composta por miles de columnas de basalto que forman unha paisaxe moi singular, motivo polo que foi declarada Patrimonio da Humanidade.

Paisaxe das Illas Arán

Paisaxe das Illas Arán

9: As Illas de Arán

As Illas de Arán son outro símbolo da cultura irlandesa, e todo un exemplo da adaptación do home aos medios máis extremos. Situadas na brava costa occidental, e sometida de forma case constante aos fortes ventos e choiva; son unhas illas onde o home tenta de vivir do que pode pescar no mar, complementado por unha agricultura extremadamente difícil, debido á escasede de solo polo cultivo intensivo dos últimos séculos.

Solo esquilmado polo uso nas Illas de Arán

Solo esquilmado polo uso nas Illas de Arán

Recomendo polo menos visitar unha das illas e, se o tempo o permite, alugar unhas bicicletas para disfrutar da paisaxe e natureza deste lugar.

Cobh

Cobh

10: A xente

Sen dúbida son os irlandeses os que fan que Irlanda sexa un dos meus países favoritos. Durante o tempo que pasei neste país, nunca faltou axuda xa fose para seguir unha dirección ou para buscar aloxamento. E mesmo non faltou algunha invitación a unha ronda nun pub. Está claro que o ritmo de vida e a forma de socializarse dos irlandeses fan que sexa un complemento perfecto para visitar as marabillas naturais e históricas do país.

Preto de Hill of Tara

Preto de Hill of Tara

Pois ate aquí o que eu considero os 10 imprescindibles de Irlanda. Se queredes engadir outros lugares para vos imprescindibles ou, como é habitual este blog, tendes algunha dúbida, ou queredes comentar ou compartir algunha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.

 

Entradas relacionadas:

Guía práctica para viaxar polo Reino Unido e Irlanda

– Viaxe a Escocia e Irlanda en coche

Os pubs de Irlanda

Conducir polo Reino Unido e Irlanda

Read Full Post »

O Rio Ulla polo Concello de A Estrada

O Rio Ulla polo Concello de A Estrada

Para un santiagués coma min o Concello de A Estrada non é en absoluto descoñecido. De feito, xa visitei o Pazo de Oca en outras ocasións, paseei varias veces ao carón do Río Ulla en lugares como Pontevea ou o Xirimbao, e mesmo non fai moito tempo que contemplei a paisaxe da comarca desde miradoiros como o de San Miguel de Castro.

Pazo de Oca

Pazo de Oca

Pero ainda que é un lugar familiar para min sempre quedan cousas por descubrir, por iso non dubidei nin un segundo en aceptar a invitación do Concello de A Estrada a unha volta por varios lugares de interese turístico xunto cos meus compañeiros da Asociación de Bloggers de Viaxes de Galicia (GaliciaTB).

Xardíns do Pazo de Oca

Xardíns do Pazo de Oca

A ruta polo concello comezou polo famoso Pazo de Oca. O máis destacado deste lugar son sen dúbida os xardíns, cun trazado que data do século XVIII, por onde podemos dar un bo paseo entre a vexetación de diferentes especies e formas, entre figuras de pedra e mesmo un lago.

Nos xardíns do Pazo de Oca

Nos xardíns do Pazo de Oca

Lago nos xardíns do Pazo de Oca

Lago nos xardíns do Pazo de Oca

Nós tivemos a sorte de visitar tamén parte do seu interior da planta baixa, onde o que máis chama a atención son a antigüedade do seu mobiliario.

Areal de Berres

Areal de Berres

Continuamos o percorrido polo concello pola beira do Río Ulla, por unha estrada que frecuento nas miñas saídas en moto precisamente polas súas fermosas paisaxes. Detivémonos no Areal de Berres, que é unha agradable área recreativa ao carón do río onde dan ganas de pasar horas e horas nas tardes de bo tempo.

O Río Ulla no Areal de Berres

O Río Ulla no Areal de Berres

Despois de un paseíño polo Areal de Berres visitamos o lagar da Sidra Ribela, de elaboración completamente artesanal, e que comprobamos de primeira man grazas a explicación dos seus propietarios, que mesmo utilizan mazás da zona.

Sidra Ribela

Sidra Ribela

Aquí se fai a Sidra Ribela

Aquí se fai a Sidra Ribela

Tras a degustación das sidras, chegounos a hora de xantar. Para elo desplazámonos ate a Casa da Pastora, na aldea de Outeiro, onde tivemos a sorte de encher o bandullo cun espectacular cocido. Na sobremesa, sorprendeunos a visita dos coñecidos Xenerais da Ulla, unhas personaxes típicas do entroido de este concello e de algúns limítrofes.

Xenerais da Ulla

Xenerais da Ulla

A excursión por terras da Estrada rematou coa visita dos Xenerais da Ulla, ainda que se tivésemos máis tempo aínda habería moitas mais cousas por ver. De feito, A Estrada conta tamén con numerosas igrexas románicas, castros e lugares dunha natureza singular como as fevenzas do Río Curantes. Ademáis, se temos a sorte de visitar a primeira fin de semana de xullo, é imprescindible ir a Sabucedo á famosa Rapa das Bestas, un evento único e singular que non deixará indiferente a ninguén.

Os participantes no blogtrip polo Concello de A Estrada

Os participantes no blogtrip polo Concello de A Estrada

Read Full Post »

Older Posts »