Meu nome é Abel e son un galego de Compostela que viaxa sempre que pode, e que lle gusta compartir as viaxes neste blog. A meirande parte das viaxes que publico foron feitas en coche, ainda que tamén en moto, bici e transporte público. Algunhas entradas deste blog están escritas como diarios de viaxe e outras simplemente explicando algún percorrido. En cada entrada que publico, intento colgar un número importante de fotografías, co obxectivo de facer unha lectura máis ilustrativa e amena. Por certo, todas as fotos están feitas por min, e algunhas delas foron subidas con inferior calidade para que non tarde en cargar a páxina. Espero que disfrutedes deste blog, e en caso de algunha pregunta, erro ou problema coa visualización podedes contactar conmigo escribiendo un comentario ou mandándome un correo a cabonorte2009@hotmail.es
Mi nombre es Abel y soy un gallego de Compostela que viaja siempre que puede, y que le gusta compartir sus viajes en este blog. La mayor parte de los viajes que publico fueron hechas en coche , aunque también en moto, bici y transporte público. Algunas entradas de este blog están escritas como diarios de viaje y otras simplemente explicando algún recorrido. En cada entrada que publico, intento colgar un número importante de fotografías, para hacer una lectura más ilustrativa y amena. Por cierto, todas las fotos están hechas por mi, y algunas de ellas fueron subidas con inferior calidad para que no tarde mucho en cargar la página. Espero que disfruteis de este blog, y en caso de alguna pregunta, error o problema con la visualización podeis contactar conmigo escribiendo un comentario o mandándome un correo a cabonorte2009@hotmail.es
Contacto:
Se queres máis información dunha viaxe, dudas, consellos, etc… non tes mais que escribir un comentario en cualquier post o mandarme un correo a cabonorte2009@hotmail.es
Si quieres más información de un viaje, dudas, consejos, etc…no tienes más que escribir un comentario en cualquier post o mandarme un correo a cabonorte2009@hotmail.es
If you want more information, doubts, advices,… you can write a comment in a post or send me an email to cabonorte2009@hotmail.es
Se você quiser mais informaçao, dúvidas, etc… pode escrever um comentário num post ou enviar-me um email a cabonorte2009@hotmail.es
Cabo Norte nas redes sociais: Cabo Norte en las redes sociales:
– Twitter: @cabonorteblog
– Facebook: Cabonorte blog
– Instagram: @cabonorteblog
– Cabozo: @cabonorteblog
Lévome o teu enlace para seguir as túas viaxes, que me encantan!
Graciñas!
Ola, Abel:
Chámome Andrés, son de Ribeira e acabo de dar co teu blog por casualidade mentres lía artigos sobre viaxes en coche por Europa. Téñoche que recoñecer que eu tamén me considero un viaxeiro incansable e, se me dan a escoller, teño claro que prefiro ir no coche explorando e descubrindo ao meu aire unha chea de sitios. Dende logo, a sensación de liberdade e de aventura que un ten é moi difícil de explicar, por moito que a algúns lles pareza unha perda de tempo este xeito de viaxar, non sempre ben entendido.
Ademais de ter percorrido toda a España peninsular e Portugal xa en varias ocasións dunha punta á outra, temos ido co coche a sitios tan dispares coma Suecia, Grecia, Holanda, Italia, Inglaterra ou Bulgaria, por poñer algúns exemplos.
Lin con moito interese as túas entradas sobre a viaxe ao cabo Norte e ao sur de Noruega, co posterior percorrido polos Alpes desde Eslovenia ata Francia.
Nós viaxamos de xeito moi parecido e, en moitas cousas, síntome bastante identificado co que comentas. Sen embargo, polo xeral dispoñemos de menos días de vacacións e, aínda que nos encanta a improvisación, case sempre tentamos deixar algunhas cousas miradas de antemán para evitar sorpresas.
Se nunha destas nos animamos por fin a ir a Noruega, que aínda o temos pendente, non descarto escribirche para facerche algunha pregunta concreta ou para que me contes curiosidades da viaxe.
Noraboa polo teu blog!
Andrés
Ola Andrés. Parece que coincidimos moito nesta forma de viaxar, e que tes realizados viaxes moi interesantes (vexo que estiveches pola Europa do Leste e Grecia, lugares onde me gustaría ir próximamente). Alégrome moito de que te gustaran as entradas do meu blog que comentas e espero que te sexan útiles para outras viaxes, e por suposto, non fai falla decir que se te podo axudar con informacións sobre a viaxe a Noruega ou outros lugares que visitei non tes máis que mandar un comentario ou se prefires, un correo a cabonorte2009@hotmail.es . Un saúdo e graciñas polo comentario.
Chamome Xose Manoel e vivo en Pontevedra ainda que sou nado en Ogrobe. Ate o de agora pensaba que eu era un rara avis pola miña forma de viaxar (sou moi partidario de ir co coche), asi, xunto coa miña compañeira recorremos Escocia e Gran Bretaña de punta a chivote, o mesmo Portugal e España e unha gran parte de Francia. Outros anos temos andado por terras de Alemania, Austria, Belxica e Holanda. Foi buscando informacion sobre unha viaxe que nos levara a Dinamarca con visitas a Alemania e Suiiza (Berlin, Rostock, etc.) cando din con este blog no que entre outras maravillas atopeime coa viaxe a Cabo Norte. que debo confesar que é unha das miñas debilidades incumplidas dende fai mais de 30 anos. O mais perto que puden chegar foi a Hammerfest en barco e calquera ano destos teremos que cumplir este desexo. O malo e que so poder dispoñer de 15 ou 20 dias de vacacions como máximo cortate bastante para facer unha viaxe desas características pero non desisto de facelo.
Moitas grazas de novo polo teu blog e as tuas orientacions.
Ola Xose Manoel! Alégrome que te gustara o meu blog e espero que te sexa útil para as tuas próximas viaxes. Eu tamén pensaba que non era moi habitual esta forma de viaxar co coche propio por Europa pero cada vez sei de mais xente que comparte esta forma de coñecer os lugares «desde o primeiro quilómetro á porta da casa». Por outro lado, recoméndoche enormormente unha viaxe ata os Paises Escandinavos. Se non te da tempo ó Cabo Norte (en 20 días pódese facer, pero non vas poder viaxar con moita calma) recoméndoche Suecia e os fiordos do Sur de Noruega, que son do máis fermoso e espectacular que vin nunca. Un saúdo, e se queres mais información da que está publicada no blog non dudes en preguntarme cun comentario ou via e mail
( cabonorte2009@hotmail.es )
Me parece una pasada tu descripcion de viajes y la minuciosidad ,detalle ,informacion,,datos practicos .Muchas gracias¡
De nada!! Para mi es un placer compartirlos y que os sirvan para vuestros futuros viajes.
Un saludo!!