Un lugar único no noroeste dos EEUU, onde se xuntan glaciares e volcáns.
Como nas imaxes do Monte Kilimanjaro que saen nas películas, así aparece o Monte Rainier desde moitos kilómetros á redonda. Dende cidades como Seattle ou Tacoma, vemos no horizonte as neves permanentes dos glaciares desta montaña, que se tornan de cor colorado nos solpores dos días despexados.
Pero non só é fermoso de lonxe. Conforme nos imos aproximando ao lugar, a montaña faise máis e máis espectacular, xa que é unha enorme mole volcánica con glaciales que sobresae de forma imponente se a comparamos cas outras montañas da Cordillera das Cascadas.
Nós chegamos ao Monte Rainier un sábado soleado de principios de agosto, xunto con centos de estadounidenses que ían pasar o fin de semana neste lugar. De feito, por esta razón tivemos que esperar un tempo considerable na cola do peaxe da entrada do Parque (15$), entrando pola estrada 706, que a comunica coa cidade de Olympia.
Xa dentro dos límites do Parque Nacional, non temos máis que seguir esta estrada, que ten o suxerente nome de Paradise Road (Estrada do Paraíso), na que pasaremos primeiro por unha fermosa foresta, para ir subindo pouco a pouco de altitude ate as zonas máis altas, atravesando un fermoso val que descende directamente dun glaciar.
Esta estrada remata nun grande aparcamento, case completo nesta fin de semana de agosto, e un centro de interpretación (Henry M. Jackson Visitor Centre) rodeado dunha área comercial con lugares para xantar e tendas de souvenirs.
Pero quen ven ate este lugar non é para quedarse no centro de visitantes. A partir deste lugar saen unha chea de rutas de sendeirismo polo parque, só hai que decidirse cal facer.
A máis concurrida é a que nos leva ate o Panorama Point, un lugar precioso, onde se poden de ver de preto os glaciares das zonas máis altas do Parque. Ao lugar é posible ascender por varios camiños, cousa que fai que sexa doado facer unha ruta circular.
Se tivésemos máis días para visitar o Parque, non é mala idea explorar o norte do mesmo, entrando polo acceso do White River. Desde aquí, chegaríamos ate a o Sunrise Visitor Centre, con máis excursións dende este lugar.
No referente ao aloxamento, se queremos pasar varios días neste paraíso, a forma máis económica para durmir é sen dúbida o camping, xa que en temporada alta outros tipos de aloxamento teñen un precio altísimo, porque hai bastante escasez. De todas formas, esta non é unha disculpa para non acercarse a este lugar, un dos máis fermosos do noroeste dos EEUU, e á que podemos dedicar ainda que só sexa unha excursión de un día ben aproveitado.
Pois isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.
Deja un comentario